Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Lourenzá fai público o pesar dos veciños e veciñas do municipio polo pasamento de Adolfo Suárez

Lourenzá, 24 de marzo de 2014. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, fai público este luns o pesar dos veciños e veciñas do concello polo pasamento de Adolfo Suárez.

A rexedora municipal “en nome dos seus veciños e veciñas lamenta o pasamento do presidente Suárez, a persoa que xunto ao Rei fixo libre ao pobo español sometido a unha ditadura. Suarez é persoa clave na historia recente do noso pais, o seu tesón conduciu a transición cara á democracia. Con el foise un exemplo para unha xeración de políticos novos que temos a mala sorte de vivir nunha sociedade onde a corrupción e o beneficio persoal están por riba do deber que debe acompañar a todo cargo público”.

“Dende Lourenzá transmitimos o noso máis sentido pésame á familia, manifestamos a pena que sentimos pola perda dun exemplo de lealdade e desexamos que descanse en paz”, rematou Emma Álvarez.

Exit mobile version