Site icon Crónica3.com A Mariña

A Área Recreativa do Monte Castelo centrou o encontro que mantivo o alcalde e a Comunidade de Montes en Man Común

reunion-montecasteloBurela, 6 de marzo de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, sinalou que a xuntanza que mantivo esta tarde coa Comunidade de Montes en Man Común de Burela se enmarca dentro da coordialidade e das boas relacións existentes entre ambas partes. O área recreativa do Monte Castelo centrou o encontro.

O rexedor explicou que “no encontro desta tarde analizáronse asuntos vinculados co área recreativa do Monte Castelo. Falamos dos desperfectos ocasionados polo temporais dos últimos meses e semanas e tamén abordamos asuntos de trámite en canto á relación da Comunidade de Montes e o Concello de Burela”.

González Barcia dixo que “moi por enriba falouse da greta na mina de caolín, xa que non era un dos asuntos da reunión de hoxe”.

O alcalde engadiu que “a xuntanza enmarcouse dentro da coordialidade e das boas relacións existentes entre a Comunidade de Montes e o Concello. Esta tivo carácter oficial, pero o contacto entre ambas partes non se circunscribe só aos encontros oficiais, senón que hai mais con frecuencia”.

Finalmente José Mª González Barcia asegurou que “outro dos asuntos que tamén nos preocupan é que o bar do área recreativa do Monte Castelo segue sen ter arrendatario. Imos buscar fórmulas para ver si alguén se anima a coller estas instalacións e a explotalas”.

Exit mobile version