Site icon Crónica3.com A Mariña

A canteira de músicos, os socios e a Banda: candidatos a dirixir Amadores da Música

A candidatura para dirixir Amadores da Música, presidida por José Luís Pulpeiro Grueso, presenta tres liñas de actuación en relación ó que consideran “temas e aspectos que é necesario priorizar para seguir adiante co labor desta asociación”.

Trátase da canteira de músicos, polo que pretenden “traballar codo con codo coa Escola de Música ofrecendo concertos didácticos, premiando a asistencia ós concertos ou negociar bonificacións na matrícula da Escola”; os socios, ós que pretende achegar a máxima información, escoitar as súas suxestións e crear o Día do Socio dedicándolles un concerto; e, finalmente, o funcionamento da Banda para a que prevén a celebración dun ou dous concertos ó ano con fins benéficos e a colaboración con outras agrupacións musicais.

Tamén pretenden introducir mensaxes sobre o positiva que é a música nos folletos de man e aseguran que “se para lograr estes obxectivos é necesario programar un parón, pararíase para comezar cando se deran as circunstancias idóneas”.

A candidatura completa está formada por:

– José Luís Pulpeiro Grueso: Presidente
– José Manuel Yáñez Dablanca: Vicepresidente
– Vanesa Yanes Rivas: Secretaria
– José Ángel Bolaño Penelo: Tesoureiro
– Aurora Fernández Peña: Encargada de material
– Xosé Farruco Graña Rama: Vogal
– Ramón Santiago Fernández Reinante Gómez: Vogal
– María Martínez Souto: Vogal

Exit mobile version