Site icon Crónica3.com A Mariña

A Conselleira de Mar e Medio Rural e a Directora Xeral de Mar, na mesa redonda das xornadas do GAC-1

O 29 de marzo ás 12:00 na Confraría de Pescadores de Burela, xornada de dinamización do GAC-1, “Un mar de cultura: as mulleres do mar”, mesa redonda sobre o papel da muller no mundo do mar.

Coordinará a mesa Rosa Quintana Carballo, Conselleira de Mar e Medio Rural da Xunta de Galicia. A mesa estará composta por: Susana Rodríguez Carballo, Directora Xeral de Mar; Celia Pacio Fernández, Patrona Maior da Confraría de Pescadores de Ribadeo e membro da xunta directiva do GAC-1; Inés Martínez Deus, patrona de pesca litoral e patrona de cabotaxe; María Jesús Alonso López, presidenta da Asociación de Redeiras Cabo Burela e membro da xunta directiva do GAC-1; e Manuela González Arnau, intermediaria pesqueira.

A entrada é libre para todo aquel que desexe acudir á que será sen lugar a dúbidas unha xornada de dinamización do GAC-1 do máis enriquecedora e interesante que permitirá, ademáis de poder adentrarse no propio GAC, coñecer o que opinan as mulleres que traballan nun sector que aínda hoxe en día se ve como algo exclusivo do home.

Exit mobile version