Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación de Lugo xa posibilita a separación dos políticos das mesas de contratación

A Xunta de Goberno deste venres aprobou a nova composición das mesas de contratación da Deputación de Lugo, que posibilita a separación dos políticos. Serán os técnicos os integrantes permanentes deste órgano. Ata o momento, os políticos eran vogais. Agora, ofréceselles a posibilidade de decidir se queren asistir e en que condicións.

A vicevoceira provincial socialista, Pilar García Porto, avanzou que o PSOE non participará, posto que “defendemos que as directrices políticas sempre estarán marcadas polo equipo de Goberno e non polas mesas de contratación”.

García Porto destacou que un caso semellante é o dos tribunais de selección de persoal, onde a lei xa fixa que os políticos non participen. Cremos que pasará o mesmo coas mesas de contratación”, apuntou.

“As mesas de contratación son órganos técnicos e non políticos”, defendeu a vicevoceira socialista. Neste senso, lembrou os cinco pregos de servizos que ten en marcha a Deputación e onde se incorporaron cláusulas sociais para blindar os dereitos dos traballadores, sendo a primeira Deputación en España que o fai. Isto permitirá que a entidade que independemente resulte adxudicataria non poderá reducir os salarios ós traballadores, tal e como aconteceu coa empresa de seguridade que presta servizo no Pazo dos Deporte e no Museo Provincial.

A vicevoceira adiantou que, esta mesma semana, a Deputación comunicou a dita entidade o cese do seu servizo, privándoa de prolongar o contrato e incautándolle a garantía, posto que infrinxiu o prego de condicións ó reducir o salario dos traballadores. Estes feitos non se verán afectados polo dictame do Consello Consultivo de Galicia.

Exit mobile version