Site icon Crónica3.com A Mariña

A DGT pon en marcha unha campaña de control de velocidade en estradas convencionais e vías urbanas de Galicia

A Coruña, 30 de marzo de 2014. A Delegación do Goberno en Galicia informa de que a Dirección General de Tráfico iniciará este luns unha campaña de control de velocidade que incidirá maioritariamente nas estradas convencionais e nas vías urbanas. O obxectivo é reducir a velocidade media nestas vías, diminuír os niveis alcanzados de grandes excesos de velocidade, e concienciar ós conductores da estreita relación entre unha velocidade inadecuada e os accidentes no ámbito urbano e interurbano, que derivan fundamentalmente no atropello de peóns ou viandantes.

A campaña desenvolverase durante toda a semana, dende o luns 31 de marzo ata o vindeiro domingo 6, e estará coordinada polo Centro de Coordinación de Tráfico en Galicia e os xefes de subsectores das catro provincias, quen confeccionaron conxuntamente os percorridos a desenvolver para que o número de vehículos controlados sexa maior que o de campañas de anos anteriores. Para a realización da Campaña utilizaráse o máximo número de medios humanos e materiais dispoñibles.

A Dirección General de Tráfico recorda que esta campaña non diminuirá a vigilancia noutros lugares. Así mesmo, sempre que sexa posible, tanto os paneles de sinalización variable coma as pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico da Guardia Civil nas inmediacións, advertirán ós conductores da existencia próxima de controis.

INCIDENCIA DA VELOCIDADE
Trátase de conseguir que a velocidade sexa considerada socialmente incompatible coa seguridade vial, que a consideración do exceso de velocidade como factor de risco adquira o mesmo nivel de aceptación entre os conductores que o consumo de alcohol ou a falta de uso do cinturón ou do casco, unha realidade evidenciada pola porcentaxe de accidentes nos que se aprecia a velocidade como factor concurrente.

A velocidade inadecuada encontrase tras o 23,5% dos accidentes mortais en vía interurbana, e en zonas urbanas é igualmente determinante por canto aumenta considerablemente o risco de morte dun peón tras ser atropelado, de aí a importancia da observancia dos límites e a vital participación dos Concellos nas campañas. A partir de 80 quilómetros por hora é practicamente imposible que un peón se salve dun atropelo, mentras que a unha velocidade de 30 Km/h o risco se reduce ó 10%.

A esta incidencia negativa da velocidade na sinistralidade súmase a que ten sobre o medio ambiente, sobre a calidade de vida e o consumo de combustible. Todo iso fai necesario seguir incrementando os esforzos no control e a vixilancia da mesma.

Pese a que a Agrupación de Tráfico da Garda Civil incrementou en máis dun 100% dende o ano 2000 o número de vehículos controlados, o obxectivo da DGT é conseguir unha maior redución da velocidade media que a lograda ata agora e diminuír os niveis alcanzados de grandes excesos de velocidade, todo iso tendo en conta que levar unha velocidade axeitada podería evitar practicamente unha cuarta parte dos mortos en accidente de tráfico.

Exit mobile version