Site icon Crónica3.com A Mariña

A edil de Medio Ambiente explica que “el Concello de Cervo se preocupa por la seguridad de las personas ante todo”

Cervo, 21 de marzo de 2014- A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, asegurou este venres que “la principal prioridad del Concello de Cervo es velar por la seguridad de las persoas”. Neste sentido, a administración local acometeu hai uns meses, en Sargadelos, a talla dunhas árbores que se atopaban moi debilitadas e supoñían un grave perigo para os viandantes e os condutores, xa que noutras ocasións se produciran caídas sobre vehículos.

“El riesgo sobre las personas era importante, por lo que se hacía imprescindible eliminar aquellos árboles que podían causar daño por su tamaño y por sus características, casi huecos y podridos en su interior” engade Alonso. A edil lembra tamén que se tratou dunha talla preventiva “que consiguió evitar males mayores, especialmente durante los temporales”.

A edil de Medio Ambiente explicou tamén que o Concello solicitou os permisos necesarios para efectuar a corta, pero os traballos complicáronse e foi necesario realizar máis actuacións non previstas, “siempre pensando en la seguridad de las personas y también en la conservación del patrimonio”. De feito, outro dos motivos polos que o Concello decidira cortar as árbores foi para preservar o patrimonio, que tamén estaba en risco xa que os piñeiros que se atopaban na zona podían caer e danar as construcións do conxunto.

Da mesma maneira, a edil matiza que polo momento a Dirección Xeral de Patrimonio “tan sólo propuso iniciar el expediente”.

Ademais, a responsable de Medio Ambiente explicou que o Concello xa ten en marcha un plan para mellorar a área recreativa de Sargadelos que incluirá a plantación de árbores autóctonas, tal e como se vén facendo no Conxunto Histórico Artístico, onde o Concello xa reforestou amplas superficies con especies propias da Mariña.

Exit mobile version