Site icon Crónica3.com A Mariña

A Festa da Pescada celebrarase en Foz entre o 21 e o 22 de marzo baixo a organización de ACISA

Foz, 14 de marzo de 2014. Todo está listo en Foz para a celebración dunha nova edición da festa da pescada que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos. Na cita que se celebrará os días 21 e 22 de marzo participarán vinteun locais hostaleiros.

Os que se acheguen a Foz a vindeira fin de semana poderán saborear pescada en diferentes preparacións ao prezo de 5 euros a tapa degustación. Os establecementos desta nova xornada gastronómica son: A Funcional, A Maseira, A Rula, bar Acuario, bar restaurante A Farola, café-bar Llas, cafetería pastelería Anduriña, cafetería Xoyma, Casa Damián, cervexería Fina, cervexería Portovello, hostal O Norte, hotel restaurante Leyton, mesón O Tangarte, Náutico Centro Social, O Tangarte Mariñeiro, pizzería Xoiña, restaurante As Brasas, restaurante Costumes do Mar, restaurante Dandy e restaurante O Lar.

Desde a directiva de ACIA Foz animan “a visitar Foz a vindeira fin de semana e a aproveitar o inicio da primavera para tomar un viño pola nosa vila e para degustar as tapas de pescada que con moito esmero preparan os mesóns, bares e restaurantes”.

Día do pai
A Asociación de Comerciantes está a levar adiante estes días a campaña de promoción do día do pai. “Trátase dunha boa ocasión para que aquelas persoas que realicen as súas compras en Foz empreguen a tarxeta de fidelización do comercio. E os que non a teñen para que a soliciten, así poderán beneficiarse de promocións e descontos ao longo de todo ao ano en moitos establecementos”, sinalan desde a directiva da asociación, que aproveita para felicitar “a todos os pais e a todos os Pepes e Pepitas no día da súa onomástica”.

Exit mobile version