Site icon Crónica3.com A Mariña

A mirada de 1925 de Ruth Matilda Anderson, en Mondoñedo

Os Muiños, carretera que vai a ArgomosoMondoñedo, 31 de marzo de 2014. “Esta mañá tiramos fotos da Catedral e dalgunhas escenas na rúa. Estamos enfeitizados por esta pintoresca vila de estreitas e sinuosas rúas e tendas limpas”, estas son as palabras que a fotografa Ruth Matilda Anderson (Nebraska 1893-1983 Nova York) recolleu no seu diario sobre a súa visita a cidade episcopal en xaneiro do ano 1925.

Esta investigadora americana traia unha encargo baixo o seu brazo, documentar as costumes de España para a Hispanic Society of America, unha entidade con sede en Nova York adicada ao estudo da arte e a cultura española, latinoamericana e portuguesa.

Ruth Matilda Anderson realizaba esta viaxe acompañada de seu pai, o tamén fotógrafo Alfred Theodor Anderson. A investigadora americana realizou un total de 5 viaxes ao noso país, que comezaron en Marzo de 1923 e remataron o 17 de Novembro de 1930.

Dende este mes de abril o Bar O Porriño de Mondoñedo acolle unha exposición con oito fotografías que están recollidas no libro “Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia”, que publicou a Fundación Caixa Galicia no ano 2009.

As imaxes que se exhiben nesta exposición amosan distintas estampas da época como a Praza da Catedral de Mondoñedo, unha panadería, a rúa que vai cara a Argomoso dende os Muiños, a rúa San Roque, diversos alfareiros facendo pezas, unha muller vendendo pan na praza, e un home cortando arbores.

Segundo consta no libro da autora onde se recollen estas fotografías despois de visitar Mondoñedo, seguíu a sua ruta pola Mariña cara Lourenzá , Foz, Ribadeo e Viveiro.

Nova xerencia do Bar O Porriño
O Bar O Porriño ten un novo xerente, Jorge Santamarina Martínez que vai seguir ofrecendo os mesmos servicios como ata agora. “Vamos a seguir apostando pola cultura na nosa cidade e facer deste local un lugar aberto, dinámico e que sirva de plataforma para tódolos artistas e creadores que desexen un espazo para exhibir as súas obras. No Porriño tedes as portas sempre abertas”, dixo Santamarina.

Exit mobile version