Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA Ribadeo agradece a asistencia das persoas e institucións presentes no acto de celebración do 25 aniversario da asociación

Ribadeo, 24 de marzo de 2014. A directiva de Acisa da as grazas a todas as persoas e institucións que o pasado venres acudiron ó acto de celebración do 25 aniversario da asociación e á III Cea na que se entregaron os premios ó ribadense e ó socio do ano de 2013.

Máis de 100 persoas acudiron á cita celebrada no Parador de Turismo de Ribadeo o pasado venres. No acto conmemorativo do 25 aniversario de ACISA interviron a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez; a vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez; e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; ademais do presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Roberto Rivas.

Tralos discursos Acisa entregou a súa insignia do 25 aniversario ós socios fundadores e ós ex presidentes da asociación: Ignacio Oñate, Mª del Carmen Mon, Antonio Andina e Miguel Díaz (como socios fundadores), Andrés Tojal, Pablo Vizoso, Gervasio Cao e Francisco Iriarte (como ex presidentes de Acisa), o presidente de A Mariña Federación, Ramón Leivas, o presidente actual de Acisa, Roberto Rivas, o conselleiro delegado territorial da CEL, Angel Hermida, así coma as autoridades asistentes: Sol Vázquez, Lara Méndez, Fernando Suárez, e o presidente da Mancomunidade de Municipios de A Mariña, Alfonso Fuente.

Despois do acto do 25 aniversario celebrouse a III Cea de Acisa na que se entregaron os premios ó ribadense e ó socio do ano 2013, que recibiron emocionados Andrés Tojal e Jesús Carreira, respectivamente. Roberto Rivas entregou tamén os premios ós gañadores do concurso de escaparates do pasado Nadal que recibiron: El Rincón del Gordo, Bora Bora, Glass, Guidán Delicatesen e Bodegas Ribeirao.

Os máis de 100 asistentes a esta celebración, na que participaron a práctica totalidade das Acias de A Mariña, recibiron un pin conmemorativo do 25 aniversario da Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos.

O presidente de Acisa, Roberto Rivas, agradece “la asistencia de todos y todas las que nos acompañaron y arroparon en los actos del pasado viernes. Fue muy emocionante ver reunidos a los fundadores de Acisa, a los ex presidentes, y a todos los socios y socias que no quisieron perderse la celebración de esta importante fecha para nosotros. Ahora toca seguir trabajando para potenciar nuestro comercio, nuestra hostelería y Ribadeo”.

Exit mobile version