Site icon Crónica3.com A Mariña

Actos Día Internacional Muller en Burela

8marzo2014-3O salón de plenos do Concello de Burela encheuse para asistir aos actos organizados para celebrar a Día Internacional da Muller, que presidiron o alcalde, José María González Barcia, e a concelleira de Igualdade e Muller, Diana Durán. Tres mulleres, das primeiras autónomas que houbo en Burela, relataron as súas experiencias daquela época. Rendeuse homenaxe á asociación de amas de casa Praia da Marosa, e a todas as mulleres do concello. O rexedor deu lectura ao manifesto conmemorativo e despois desenvolveuse un xantar para celebrar esta data.

Exit mobile version