Site icon Crónica3.com A Mariña

Álex Meitín, campión da XXV Tirada de Bolos de Xove

Tarde moi fria e chuviosa a do 22 de febreiro na que a pesares do tempo, se rexistrou unha excelente participación con 40 inscritos para a décimo sétima tirada do Centro Social de Morás da Liga de Bolos de Xove.

Liga Sénior Masculina
Agora sí. Co segundo posto acadado, Álex Meitín proclamouse por fín CAMPIÓN ABSOLUTO DA XXVª TIRADA DE BOLOS. Pola súa banda, tamén José Rafael acadou definitivamente o SUBCAMPIONATO. Queda por decidir a terceira praza, para cal Jose Vigo ten moitas papeletas, xa que con 96 tantos, dispón duna renda de 10 e 11 tantos sobre Sócrates Campo e Francisco Pérez respectivamente. Ningún dos perseguidores podería xa alcanzalos.

Nesta Liga os 12 primeiros clasificados teñen dereito a premio e a trofeo. Segundo isto, o interese na vindeira tirada e última desta temporada –a celebrar no Centro Social de Sumoas- vaise centrar na definición do 3º posto final, e tamén na posibilidde de mellora de posición dalgún dos 12 primeiros clasificados. Tamén os participantes van ter a posibilidade, aínda que moi difícil, de pelexar polo trofeo á mellor tirada do campionato, que polo momento ten Francisco Pérez con 101 tantos, obtidos o 11 de xaneiro pasado na Bolera de Palmeiro.

Liga Sénior Feminina
Con Belén xa campioa, esta tirada de Morás supuxo a certificación do Subcampionato para Dolores Baño, quen con 52 puntos, 10 máis que a súa inmediata perseguidora, xa non é alcanzable. Pero aínda queda unha praza de honra por disputar, a terceira, para a que se postula Salomé Bermúdez con 42 puntos, Paula Campo con 40 e Concepción Piñeiro con 36. A emoción na tirada de Sumoas nesta categoría vaise centrar na pelexa por esa terceira praza do podio. Tamén van poder pelexar polo trofeo á mellor bolada do campionato, que neste intre ten a xa campioa Belén Meitín con 72 tantos.

Liga Sub 18

Daniel López, con case tódalas papeletas para proclamarse campión nesta tirada en Morás, non puido, ou non soubo rematar a faena. E despois dun paupérrimo 5º posto obtido na tirada, terá que esperar á última tirada de Sumoas para certificar matematicamente o campionato. Salomé Cardoso, que ten asegurado matematicamente o subcampionato, aínda pode pelexar polo título, xa que está a 6 puntos de Daniel, a falla de 7 puntos máximo por disputar. Despois do visto en Morás, todo pode pasar, e se Daniel ten un mal día, incluso pode perder o campionato a favor de Salomé. Tamén nesta categoría a terceira praza do caixón está sen confirmar; neste sentido, Miguel López con 49 puntos, vai pelexar con Isaías Cardoso que ten 45. É posible que eses catro puntos de vantaxe de Miguel sexan suficientes, pero tratándose da última tirada, os nervios poden pasar factura. O trofeo á mellor bolada teno polo momento o vixente líder Daniel López con 71 tantos.

A vindeira e última tirada desta XXVª Tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE SUMOAS o vindeiro sábado 8 de marzo de 2014.

CAMPIONATO DE BOLOS DO CENTRO SOCIAL DE  MORÁS (22 FEBREIRO  2014)

   40 INSCRITOS:  20  NA LIGA SENIOR,     10 NA LIGA SUB 18   E   10    NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                               NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO

284

12

SEGUNDO ALEX MEITÍN SERANTES

264

10

TERCEIRO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

247

8

CUARTO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

242

7

QUINTO JOSE VIGO LAGE

230

6

SEXTO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ

227

5

SÉTIMO LUIS RANCAÑO BOUSO

224

4

OITAVO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

219

3

NOVENO JORDI MEITÍN SERANTES

209

2

DÉCIMO ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS

200

1

MELLOR BOLADA CRISTIAN RODRÍUGUEZ BAÑO

84

1

LIGA SUB 18

PRMEIRO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

176

6

SEGUNDO DANIEL ALONSO LÓPEZ

150

4

TERCEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

102

3

CUARTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO

101

2

QUINTO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

92

1

MELLOR BOLADA SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

59

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO DOLORS BAÑO FRAGA

148

6

SEGUNDO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

135

4

TERCEIRO CARMEN ROCA CORRAL

105

3

CUARTO PAULA CAMPO SUÁREZ

100

2

QUINTO BELÉN MEITÍN ROUCO

94

1

MELLOR BOLADA DOLORES BAÑO FRAGA

62

1

Exit mobile version