Alfoz, 15 de marzo de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga asistiu, este sábado, á primera xornada da II Edición do Festival de Cine de Alfoz, unha iniciativa posta en marcha polo Seminario de Estudos do Valadouro, en colaboración coa Área de Cultura da institución provincial así como do Concello de Alfoz. No acto inaugural tamén participaron Xabier Pardiñas en representación da entidade organizadora, e Pepe Peinó, en calidade de Concelleiro de Cultura.
Durante esta xornada inaugural, proxectouse a curta documental “Mercado Medieval de Alfoz 2013”, dirixido por Miguel García, Director e produtor mindoniense colaborador nas dúas edicións do Festival de Cine de Alfoz. No ano 2013 o Mercado Medieval de Alfoz chega á súa décimo quinta edición, e de novo os habitantes de Alfoz, traballando arreo e ombro con ombro, fan posible que volta ó pasado, á Idade Media e á época gloriosa de Pardo de Cela, sexan unha realidade.
O festival continuará os vindeiros sábados, 22 e 29 de marzo, coas proxeccións do filme O Apóstolo e Nove estrelas e un asombro, e o 5 de abril, coa proxección de Vilamor, “película con cuxa produción colaborou a área de Cultura da Deputación de Lugo no ano 2012. Un filme que ten unha importante compoñente cultural e que descobre dunha forma literaria unha parte da historia do territorio no que transcorre e, polo tanto, da historia da nosa provincia”.