Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos da Enxeñería Forestal de Lugo participan na recuperación do monte atlántico patrocinada por Fundación Alcoa

Máis de setenta alumnos e profesores do Grado en Enxeñería Forestal e de Medio Natural da Escola Politécnica Superior de Lugo, adscrita á Universidade de Santiago de Compostela, completan este venres 14 de marzo a reforestación patrocinada por Fundación Alcoa no monte Escarabelada e outros montes de titularidade pública en Cervo.

Os participantes partirán a primeira hora da mañá do campus de Lugo co propósito de plantar ó largo da jornada de prácticas 2.000 plantas de especies autóctonas, coma abedueira, castiñeiro, carballo ou piñeiro entre otras nos montes de Cervo.

A campaña de reforestación, que iniciaron Voluntarios de Alcoa San Ciprián e veciños de Cervo en decembro, ten como obxectivo continuar co proxecto medioambiental do concello de Cervo para recuperar o monte atlántico e á vez mellorar un espazo público do que forma parte o conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.

Este proxecto forma parte dunha selección de proxectos patrocinados por Fundación Alcoa en distintas partes do mundo e en diversos ecosistemas para plantar máis de 175.000 árbores, como parte do compromiso da Fundación Alcoa para prantar 10 millóns de árbores ata 2020. Estímase que estas árbore teñen capacidade para absorber 250.000 toneladas de dióxido de carbono ó ano ó largo da súa vida. Os proxectos de reforestación coma o de Cervo cumpren tamén cunha variedade de obxectivos críticos, coma a restauración do hábitat de vida silvestre, o incremento do almacenamento de carbono a través dos montes para combater o cambio climático e o uso das árbores para a purificación de auga e aire.

Estes obxetivos son compartidos pola organización que xestiona o proxecto en España, Ardilla Connecting Life, que se propuxo conectar os montes de España e Europa a través dunha rede de corredores verdes, loitando contra a deforestación, a desertización e a perda de biodiversidade que provoca o cambio climático. Ardilla desenvólvse no marco de Plantemos para el Planeta, entidade sen ánimo de lucro, cuza misión é a captación de financiamento para a restauración de espazos naturais mediante a colaboración público-privada entre administraciones públicas e empresas responsables. En España desenvolveron a campaña do mesmo nome, organizada polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, fomentando a prantación de máis de 47 millóns de árbores.

Exit mobile version