Site icon Crónica3.com A Mariña

Árbores autóctonas para o CEIP Fondo Nois

210314 Foz Día Árbore (2)O Concello de Foz celebrou este venres o Día da Árbore no CEIP Fondo Nois en colaboración coa asociación da nais e pais do centro. Plantáronse árbores autóctonas, concretamente carballos, castiñeiros e loureiros, doados polo Concello de Foz. Para esta labor os nenos e nenas contaron coa axuda de traballadores municipais. A esta actividade asistiron o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e o concelleiro de Cultura e Deportes, Ánxel Paleo Soto.

Exit mobile version