Site icon Crónica3.com A Mariña

As caretas en política non teñen cabida

José Manuel Lamela.- Obvio é adaptarse ao contexto pero de coherentes é non levar a tódolos terreos esa realidade. Estamos en entroido, época de lucir disfraces e desfrutar de comedias, pero o que non se pode consentir é que haxa quen se aproveite deste festexo e aplicalo no terreo político.

Dende o Partido Popular de O Valadouro negámonos a entrar en liortas pero non toleraremos que o Señor Edmundo Maseda continúe confundindo termos, contextos e mentíndolle aos veciños. Porén, urxímolo a que, como rexedor, retire a careta e explique aos cidadáns se cobrou por asistir a unha mesa de contratación, celebrada na localidade de Ourol, e qué vai facer arestora. Asemade, tamén ten que revelar si se desplazou a dito municipio facendo uso dun vehículo do Concello.

Non vale presumir de austeiro e despois sumarlle cartos á dedicación exclusiva pola porta de atrás, polo que se Maseda cobrou esa asistencia, cando a Lei o prohíbe, ten que devolver o que percibíu irregularmente.

Antes de falar, o rexedor debería estudar a normativa, a cal ratifica as nosas declaracións, posto que lle impide aos cargos políticos, con dedicación exclusiva, como é o caso deste alcalde, recibir abonos complementarios por asistir a mesas de contratacións ou participar noutros órganos colexiados.

Urximos a Edmundo Maseda a deixar a un lado o seu afán vitimista, o engano e a demagoxia posto que a día de hoxe, nin respondeu nin facilitou, por escrito, a información que solicitamos no tocante ao quilometraxe e ao contrato do asesor.

Sabe o Sr. Maseda que non está a dicir a verdade cando fala das causas que levaron ao PP a perder a Alcaldía. É público e notorio, non pode negalo, que o cambio no Goberno local foi consecuencia dunha moción de confianza que presentamos nós por responsabilidade. Porque as forzas políticas da oposición non querían aprobar os presupostos e facían ingobernable o Concello. Pero en ningún momento, ningún partido político fixo mención a unha rebaixa de soldos. Sempre actuamos por altura de miras, pensando no mellor para O Valadouro. Outros non están a facelo, reféns de oscuros pactos de intereses.

José Manuel Lamela
Presidente do PP de O Valadouro

Exit mobile version