Site icon Crónica3.com A Mariña

As fugas de Cunqueiro

Xosé Landeira, redactor xefe do Faro de Vigo, amigo íntimo de Cunqueiro; cando en 1965 éste accede á dirección, Landeira pasa a subdirector; Cunqueiro deixa o “Faro” en1970.;Á súa morte (1995), Landeira deixa unha ducia de libros e os apuntes (uns 450 folios), referidos á personalidade e a convivencia co autor de “Merlín e familia”. A obra periodística, e tamén de pensamento profundo, xuizos literarios e reflexión amena sobre a vida, preñada de anécdotas, do amigo admirado, ofrece imaxes novas do narrador galego mais universal, ó tempo que conta as peripecias dun escritor que exerceo o xornalismo como medio de vida, e da independencia, que lle permitiría crear os seus universos. Landeira fala do Alvaro mais humán, mais amigo dos amigos, mais creativo e inconformista. “Sobre las fugas de Cunqueiro” foi escrito en 1991, décimo ano da súa morte. Falecido Landeira, o neto Renato, avogado e xornalista, ordea as notas do avó, editándoas O director de “La Voz de España”, onde escribía a sección “Verbas”, preguntou un dìa, ós redactores, quén sabía inglés, co fin de traducir o pé dunha fotografía. A única resposta afirmativa foi a de Cunqueiro que, de contado, o traducíu. Días despois outra foto da mesma axencia, traduciuna tamén nun santiamén. Unha vez publicadas, da axencia fixeron saber á redacción que os pes nada tiñan que ver co asunto que trataban as fotos. Sospeitouse que daquela aínda Cunqueiro non sabía inglés. Un redactor recortou a crónica dun xornal e, de parte do director, pediulle ó mindoniense que a traducira; éste, sen inmutarse, negouse: “eu viñen eiquí – dixo – como redactor. Se queredes que faga tamén de traductor, hai que `pagar unha extra. …”. M. Halcón, amigo de Cunqueiro, exdirector do ABC recibíu carta de Mondoñedo do 12-11-40, na que lle decía: “Querido Manolo: me caso el miércoles, 18. Está de Dios que te pida favores y que tú me los hagas: tengo mi pasaporte en la D.G. de S.pendiente de orden para que lo despachen. Sin él no puedo ir a Portugal, y si no voy no podré llevar a mi novia a Coimbra. Si no la llevo a Coimbra no podré hacerle el amor bajo los almendros…”.

Suso Fernández

Exit mobile version