O Burela Pescados Rubén alcanza o liderato da Primeira División tras vencer por 2-1 ao Rioja e empatar o Atlético de Madrid en Alacante (5-5). A vitoria pola mínima ante as rioxanas sumado ao tropezo colchoneiro, permite ás mariñás asaltar o liderato no momento cume da Liga xa que na vindeira xornada ambas escuadras enfróntanse no feudo madrileño cun punto de vantaxe para as laranxas.
Na continuación as alternativas no dominio foron unha constante pero sen precisión no último pase e o remate. A medida que se achegaba o tramo final a tensión aumentaba e o Burela Pescados Rubén situouse no cupo de faltas, a oito minutos para o desenlace. Non soubo aproveitar esta baza a escuadra rioxana que apostou por xogo de cinco no minuto 37 que Claudia castigou logrando o 2-0 para alegría de Vista Alegre. Tras roubar o balón, Claudia lanzou un certeiro disparo desde uns 14 metros logrando a tranquilidade do seu equipo. No último minuto, Jess recortou distancias (2-1) reactivando a tensión pero finalmente os tres puntos quedáronse en Vista Alegre que presasiaba o asalto ao liderato conquistado.
Burela Pescados Rubén: Jozi, Bea Mateos, Peque, Claudia, Daniela –cinco inicial- Lidia, Cris.
Rioja: Yarie, Eva, Shio, Bea Martín, Carmen –cinco inicial- Cris, Bea, Jess, Lara, Rebe.
Goles:1-0, m.12, Bea Mateos; 2-0, m.37, Claudia; 2-1, .m.40, Jess.
Árbitros: Diego Franco e Jordi Villanues de Lugo. Amosaron cartón amarelo a Cris do Burela Pescados Rubén.
Incidencias: Xornada 22 da Primeira División disputada en Vista Alegre, 400 espectadores. Ao inicio do encontro ambos conxuntos posaron coa pancarta da Asociación Piel de Mariposa (Debra España). O Burela Pescados Rubén ofreceu á súa afición o premio de Mellor Equipo Feminino de Galicia, entregado na Gala Premios do Deporte Galego 2013.
*Foto: A Caixa Escura Producions.