Site icon Crónica3.com A Mariña

As organizacións sindicais mobilizáronse diante da xerencia do Hospital da Costa iniciando un calendario de asembleas abertas

CONCENTRACIÓN DÍA 6CIG-SAÚDE, CCOO, UGT, C-SIF, CESM, OMEGA e SAE (agás o sindicato de enfermaría SATSE que non participa) convocan asembleas abertas no Hospital da Costa entre os días 6, 7, 10, 11, 12 e 13 de marzo e concentracións, tamén no Hospital da Costa, o venres 14. Xunto a isto aseguran que se o SERGAS non paraliza a privatización do servizo de esterilización, reverte a privatización de mantemento (electromediciña)e muda a súa política sanitaria de deterioro da sanidade pública galega en xeral, e na Mariña en concreto, convocaranse manifestacións en todas as comarcas para o día 26 de marzo, ás que chaman a participar a traballadores/as e usuarios/as da Sanidade Pública.

Dende CIG Saúde sinalan que o que está a facer o PP é fragmentar a sanidade pública en pequenas parcelas para facilitar a súa privatización. “Comezou por privatizar os servizos non sanitarios coas consecuencias tan negativas que está a ter”, e agora comeza cos de “bata branca”, sen esquecer outros modelos privatizadoresinstalados na Mariña, como a derivación masiva de pacientes cara centros de rehabilitación privados ao tempo que manteñen as instalacións públicas sen dotar de recursos humanos.

Hoxe as 12 da mañá, traballadoras e traballadores do Hospital da Costa, concentrábanse en asemblea diante do despacho do Xerente para rexeitar as políticas privatizadoras que estan a levar a cabo dende a Conselleria de Sanidade.

Lembraron que o propio Consello de Contas dixo que os gastos na xestión privada se dispararon un 100% respecto á pública, achacábel a un aumento das exploracións, e que, desde 2009, se privatizou a construción do hospital de Vigo, os plans directores dos complexos hospitalarios de Ourense e do Salnés, a central telefónica de cita previa, a alta tecnoloxía diagnóstica e terapéutica, o mantemento de equipos de electromediciña, a plataforma loxística de medicamentos, o arquivo de historias clínicas a atención so accidentados leves d e tráfico, as telecomunicacións e agora están a piques de facer o mesmo co servizo de esterilización.

O que demandamos con estas mobilizacións e que se recuperen todos os servizos de titularidade pública porque “esta administración, malia dicir que as privatizacións son boas para o sistema, en ningún momento presentou un informe que xustifique a súa medida”. As externalizacións e privatizacións “son a demostración da incapacidade manifesta para xestionar o público” e consideramos que se o actual goberno non é capaz de xestionar o patrimonio público, ten que marchar.

En todo caso, subliñar que a privatización de esterilización é o paso previo ás áreas de xestión clínica,encamiñadas a fragmentar e privatizar a sanidade. Un modelo perverso que pretende facer cómplices as e os profesionais do deterioro da sanidade a cambio do reparto de beneficios, modelo de xestión que a día de hoxe conta co rexeitamento de tódolos traballadores/as do SERGAS e que dende o goberno, dixeron que ían publicar e seguen a dicir que van publicar pero aínda non o fixeron, xa que se non hai acordo cos profesionais,estas áreas de xestión clínica están abocadas ao fracaso”.

Por iso CIG-saúde e o resto de organizacións convocantes, reiteran o seu chamamento a todo o persoal do SERGAS, mais tamén á poboación no seu conxunto, a paralizar estas políticas e defender a sanidade pública, única que garante a atención sanitaria gratuíta e universal.

Exit mobile version