Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro interésase polo aforro acadado a través dos contratos eléctricos unificados nos portos de competencia autonómica

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro interesarase na Comisión de Pesca e Marisqueo da Cámara galega -prevista para mañá mércores- polo funcionamento do servizo de contratación unificada do mantemento eléctrico nos portos de titularidade autonómica.

O deputado quere coñecer a avaliación que o Goberno galego fai desta experiencia, así como o aforro medio acadado con esta nova fórmula que supón xestionar dun xeito máis eficiente os recursos públicos e todo iso, sen menoscabo da calidade do servizo que se lle presta aos usuarios das dársenas portuarias.

EN QUE CONSISTE?
Esta medida implica a contratación do servizo de conservación e reparación do alumeado de forma conxunta para varios portos dunha determinada franxa litoral. A empresa contratista deberá facerse cargo das instalacións, canalizacións, cadros xerais, acometidas, alumeados e materias de seguridade da zona.

Portos de Galicia considera que este novo modelo de xestión facilita unha maior axilidade na xestión e resolución das incidencias que se poidan producir nas instalacións portuarias, ademais dun aforro. Supón tamén unha oportunidade de negocio e xeración de emprego para as empresas subministradoras de servizos de ámbito local en cada zona xeográfica.

Exit mobile version