Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro pon en valor os preto de 100.000 euros que cinco concellos da Mariña lucense reciben da Xunta para a contratación de orientadores laborais

A Mariña, 4 de marzo de 2014.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro quixo poñer en valor os preto de 100.000 euros que veñen de recibir da Xunta de Galicia cinco concellos da Mariña lucense para a contratación de persoal técnico que realice actividades de información e orientación de emprego.

Os beneficiarios son os concellos de Burela, Ribadeo, Cervo, Viveiro e Foz que puideron dispoñer dun orientador laboral en apoio dos seus veciños desempregados para asesoralos dun xeito especializado no camiño cara ao mercado laboral.

Entidade

Importe 2013

Concello de Cervo

19.999,92

Concello de Ribadeo

19.500,00

Concello de Viveiro

20.000,00

Concello de Burela

20.000,00

Concello de Foz

19.973,52

99.473,44

Grazas ao apoio da Xunta os orientadores laborais dos concellos tamén exerceron outras funcións tales como a elaboración de diagnoses individualizadas sobre a situación de desemprego no seu ámbito de influencia, entrevistas personalizadas para desempregados, cursos e asesoramento en técnicas para manter ou accederen a un novo emprego. Tamén informaban sobre os incentivos para o fomento da contratación e o apoio ás iniciativas emprendedoras e mantiñan contactos coas empresas para difundir información sobre as súas iniciativas.

“En definitiva unha serie de apoios do Goberno galego para superar o principal reto das administracións públicas este martes:  a creación de emprego.  Este martes tamén coñecemos outros apoios do Goberno galego aos concellos da comarca”-dixo Balseiro.

PLAN XITANO E APOIO Á POBOACIÓN INMIGRANTE

O parlamentario popular tamén indicou que este mesmo martes coñecemos as axudas da Xunta para a posta en marcha dos programas desenvolvidos polos concellos para a inclusión social da poboación xitana, ou inmigrante e outras persoas en risco de exclusión

“Neste caso son dous os concellos beneficiarios destes apoios, xa que son aqueles municipios nos que se supera o 2,5 % de poboación inmigrante extracomunitaria ou de etnia xitana”.

Burela recibirá da Xunta 25.000 euros para o programa de apoio a emigrantes. E Viveiro, que recibirá 25.000 euros para este mesmo concepto e 33.000 máis para o programa de inclusión social da poboación xitana. Suman un total de 83.000 euros financiados con fondos procedentes da Xunta de Galicia e da Unión Europea

Con estas axudas promoveranse cursos de formación, accións informativas, asesoramento especializado en materia de estranxeiría, vivenda, integracións e mellora das condicións hixiénico-sanitarias.. entre outras.

Exit mobile version