Site icon Crónica3.com A Mariña

Blanca Cendán e Suso Alonso achegan os “mornings” a Burela

MornigsBlanca Cendán e Suso Alonso métense na pel dos MORNINGS, uns personaxes atípicos que viven, senten e interactúan co público dunha maneira peculiar…

A aparición dos primeiros aparellos de T.V. nos pobos, as VESPAS, a perrita Marilyn de Herta Frankel, o primeiro festival de Eurovisión, a apertura ó turismo na costa e outras “vicisitudes”… enchían de influenzas inglesas, francesas e italianas, a cultura do momento.

Trátase dun espectáculo de teatro musical onde os protagonistas, os MORNINGS navegan nun contexto atemporal pero, inspirado na estética e na música dos anos 60 rescatando temas e versioneando a Rita Pavone, The Turtles, Mina e Adriano Celentano, Nancy Sinatra e Sandy Shaw, entre outros.

A idea de situalos nesta época nace co afán de recupera-la inocencia perdida, a ilusión daqueles anos que espertaban dun momento histórico tráxico e que significaba unha apertura de ideas e de liberación na moral que foi transmitida na arte, na moda e na música.

A idea orixinal do espectáculo é de Blanca Cendán e Suso Alonso. O asesoramento artístico de escena ven da man de Roberto Leal e John Eastham. E o traballo vogal é de Ramón Bermejo e a parte de Arte (Deseño gráfico, Escenografía, e Vestiario) de Virxinia Barros, xunto coa xastra Cloti Vaello. O video “Mornings” é unha creación de Gael Herrera Batallán.

A cita é este venres 14 de marzo ás 21.30 horas no Café Atrezzo de Burela.

Exit mobile version