Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre reciclaxe de GAIA

040314 Foto Gaia reciclaxeEste luns de 3 marzo os usuarios do Centro San Aníbal de Burela realizaron coas monitoras de Gaia un obradoiro de reciclaxe de papel. A actividade constou de dúas partes: unha charla sobre a reciclaxe, facendo fincapé en qué se debe depositar no contedor azul e un obradoiro de realización de papel a partires de papel usado. As monitoras de Gaia incidiron “nos beneficios que supón reciclar papel: aforro de auga, enerxía, materias primas e reducción das emisións á atmósfera de dióxido de carbono, así como no sinxelo que resulta reciclar o papel usado e o cartón nos fogares.

Exit mobile version