A CIG reclama a dimisión do delegado do Goberno español en Galiza, Samuel Juárez, tras a desproporcionada actuación policial de hoxe diante do Parlamento en Santiago. A central nacionalista rexeita as agesións a mariñeiros do cerco, preferentistas e representantes políticos e institucionais por parte de axentes “antidisturbios”.
A CIG quere trasladar a súa solidariedade coas persoas afectadas polas “desproporcionadas cargas policiais” acontecidas durante o día de onte nas rúas de Santiago, ao tempo que reclama a dimisión do delegado do Goberno español en Galiza, Samuel Juárez.
A central nacionalista denuncia as agresións sofridas por mariñeiros do cerco, preferentistas e representantes políticos e institucionais a mans dos numerosos/as axentes “antidisturbios” da Policía española despregados/as diante do Parlamento galego coincidindo coas protestas convocadas por estes colectivos ás portas do edificio.
As cargas policias deixaron ducias de persoas feridas, até o punto de que que algunhas delas foron trasladas a centros médicos da cidade para seren atendidas. A CIG lamenta que a Xunta do PP aposte pola represión como resposta ás “lexítimas reivindicacións” da clase traballadora.