Site icon Crónica3.com A Mariña

Claudia Graña gana o Corre Con Nós na categoría B feminina

claudia graña antes da saidaA pesar de que a maioría da expedición de atletismo das ED Mondoñedo Lourenzá viaxou e participou con gran éxito nas probas benxamín e alevín da 1ª preparatoria de atletismo, tamén en Lugo Claudia Graña participaba e gañaba a 1ª posición da categoría infantil feminino do prestixioso CORRE CON NÓS. Claudia corría 1,5 kms. nun tempo de 5 minutos e 28 segundos; a ritmo de 3,54 o quilómetro.

Proba Clasificatoria Atletismo Pista – Benxamín e Alevín

Alevín masculino (60 metros lisos): Aleix Díaz, sétimo da súa serie cunha marca de 12.34.

Alevín masculino (500 metros lisos):
– Aleix Díaz, primeiro da súa serie cunha marca de 1:36.23.
– Samuel Debasa, sexto da súa serie cunha marca de 1:51.84.

Alevín masculino (1.000 metros lisos):
– Alexandre Santiago, primeiro da súa serie cunha marca de 3:21.78.

Alevín masculino (2.000 metros lisos):
– Nicolás Álvarez, terceiro da súa serie cunha marca de 7:34.80.
– Hugo Villalba, cuarto da súa serie cunha marca de 7:37.67.

Alevín – Salto de altura conxunta:
– Nicolás Álvarez: segundo cunha marca de 1.15 m.
– Xaquín Sánchez: cuarto cunha marca de 1 m.

Alevín – Salto de lonxitude conxunta:
– Xaquín Sánchez: segundo cunha marca de 3.70 m.
– Samuel Debase: duodécimo cunha marca de 2.96 m.

Peso (2 kg.):
– Jerom Moirón: décimo quinto cunha marca de 5.58 m.
– Joel Moirón: décimo sexto cunha marca de 5.20 m.

Exit mobile version