Site icon Crónica3.com A Mariña

Comerciantes de Viveiro pon en marcha unha campaña polo Día do Pai

A Asociación de Comerciantes de Viveiro pon en marcha a campaña do Día do Pai sorteando entre os seus clientes 10 packs de entradas para o circuíto de Karts de Arifran.

Dende este mércores os comercios asociados están entregando ós clientes cas súas compras as papeletas para entrar no sorteo. Deberán cubrilas cos seus datos e depositalas no propio comercio. O sorteo realizarase o venres 21 de marzo na oficina da Asociación, comunicando vía telefónica o resultado a tódolos gañadores.

Cada pack está composto de dúas entradas, que poderán ser disfrutadas no prazo de 3 meses dende o día do sorteo. As entradas poderán ser para un adulto e un neno, cunha idade mínima de 2 anos, ou para dous adultos. Para nenos menores de 4 anos utilizarase un Kart Biplaza.

Repartiranse un total de 22.000 papeletas ata as compras realizadas o venres 21 de marzo.

Tal e como se ven desenvolvendo nas últimas campañas do CCCHV, o obxetivo é promocionar o comercio local, e premiar a fidelidade dos clientes.

As bases do concurso poden consultarse na web da Asociación www.viveirocentro.com.

Exit mobile version