Site icon Crónica3.com A Mariña

Controlado un incendio forestal rexistrado no concello da Pontenova e extinguido o rexistrado en San Acisclo

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2014.- A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun incendio forestal controlado no municipio lugués da Pontenova, na parroquia de Bogo.

O lume iniciouse ás 02:07 horas deste venres e quedou controlado ás 07:23 horas. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 35 hectáreas de monte raso. Nos traballos de extinción deste incendio participan 3 axentes forestais, 5 brigadas e 3 motobombas.

Extinguido Foz-San Acisclo
Por outra parte, ás 06:00 horas desta madrugada quedou extinguido o lume forestal rexistrado no concello lugués de Foz, parroquia de San Acisclo.

Este lume iniciárase onte ás 08:52 horas e, segundo estimacións provisionais, afectou unha superficie de 50 hectáreas, todas elas de arborado.Na extinción deste incendio participaron 2 técnicos, 10 axentes forestais, 15 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

Exit mobile version