Site icon Crónica3.com A Mariña

Corais, bandas de música e outros grupos participarán na XI Semana da Música Xosé Alonso en San Martiño de Foz

A delegación de Cultura do Concello de Foz e a confraría do Desencravo organizan a XI Semana da Música Xosé Alonso coincidindo coa Semana Santa. Os actos previstos celebraranse despois dos actos litúrxicos na capela de San Martiño de Foz, polo que os horario de comezo poderán variar uns minutos.

Así, o sábado 12 de abril está prevista a actuación da Coral Polifónica de Foz para as 20.00 horas como pregón da Semana Santa. Xa o domingo, arredor das 13.15 horas o Coro de cámara de Viveiro participará na misa e nun concerto.

O grupo ‘Ribadeo Brass’ actuará o mércores 16 a partir das 19.30 horas; mentres que o xoves 17 se reserv para actos litúrxicos. Pola contra, o venres 18 celebraranse dous eventos musicais: ás 12.00 horas o coro parroquial de Foz e Manuel Prada, da Escola de Música de Foz, acompañarán o Acto das Sete Palabras; e, ás 17.00 horas, desencravo e procesión acompañado pola Banda de Música de Foz e a solista Marta Mera García.

O sábado 19 o Orfeón Lucense participará na misa que se celebrará a partir das 20.30 horas. E o domingo 20 de abril finaliza a XI Semana da Música Xosé Alonso cunha misa e concerto a cargo do grupo de música Spiritual, a partir das 13.00 horas.

Exit mobile version