Site icon Crónica3.com A Mariña

Debate sobre o Estado da presunta economía

Os cidadáns asistiremos esta semán como espectadores mudos a un debate sobre o Estado da Nación tramposo e antidemocrático, que escatimará a necesaria discusión encol do que esta pasando e vai pasar, sistituindoa polo que interesa ao goberno: un debate limitado e parcial sobre o estado da economía.

Rajoy quixo limitar o debate sobre a presunta recuperación económica, pero non falaou de perda de dereitos, da manipulación da Xustiza, de corrupción, de endeudamiento febril, dos incumplimientos das súas promesas, da impunidade dos políticos e da ausencia de castigo para os que saquearon as caixas de aforro e estafaron por centos de miles de cidadáns coas participacións preferentes, subordinadas e accións bancarias con información falseada.

Manipulado, limitado e sometido ao interese dos políticos e, mais concretamente, do partido gobernante, o debate sobre o Estado da Nación foi unha farsa antidemocrática mais non, como debese ser, unha oportunidade para coñecer mellor o verdadeiro estado do pais.

Rajoy está tozudamente empeñado en impoñer o criterio falso de que os españois elixírono nas urnas para que solucionase a dura crise económica, ignorando que foi elixido tamén para que cumprise outras promesas que el esqueceu de xeito indecente e antidemocrática, como o castigo para os corruptos, o adelgazamiento do Estado, a baixada de impostos, o respecto á independencia do Poder Xudicial, o final do financiamento dos partidos políticos con diñeiro procedente dos impostos, a rexeneración da política, o fin da burocracia inútil e, sobre todo, o acoso a unha corrupción coa que convive perfectamente o partido gobernante, envolvido en múltiples casos de corrupción e suciedad ética intolerables en democracia.

O pobo, como é habitual pouco conta, mais ala de poñer unha papel na rendixa de unha caixiña de netacrilato cada catro anos, e estivo ausente do debate nas Cortes, pois os deputados presentes representan aos seus respectivos partidos, nunca aos cidadáns, que nin coñecen o nome dos que din representar ás súas provincias nin poden elixir aos seus deputados e senadores, salvo dicindo “si” ou “non” ás listas pechadas e bloqueadas que elaboran as élites dos partidos.

Para que exista un verdadeiro debate deben participar, en plena liberdade, todas as partes implicadas, xusto o contrario ao que vivimos na “Carreira de San Jerónimo”, onde unhos tipos falararón con desfachatez do que, segundo eles, interesa á cidadanía ausente e marxinada. Nin sequera seralles posible falar e votar segundo os seus criterios propios, obrigados como están por esta falsa democracia a dicir únicamente o que interesa aos seus respectivos partidos, non aos cidadáns, aos que falsamente din representar, uns asuntos que, desde as súas illadas burbullas de privilexios e luxos, os teóricos representantes da vontade popular probablemente descoñecen.

Otero Regal.

Exit mobile version