Os nenos e nenas do colexio público de San Cosme prantaron varias árbores no xardín do seu centro para conmemorar o día da árbore que se celebra neste 21 de marzo. Estiveron acompañados polo concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente. A actividade foi organizada polo Concello de Barreiros, que contou coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo. O vindeiro martes, 25 de marzo, será os rapaces do colexio público de San Miguel os que prantarán as súas árbores na área recreativa de Vilamar.