Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Varela Peluquerías, responsable da imaxe e estilismo do CD Burela FS

bfs-elenavarela14-1O CD Burela FS Pescados Rubén vén de pechar un acordo con Elena Varela VRL Peluquerías para que a firma de beleza se responsabilice da imaxe e estilismo dos equipos sénior do club laranxa esta tempada. Os xogadores David Ruiz ‘Burrito’ e Silvia Rubal visitaron hai uns días o centro en Burela para acompañar na presentación á propietaria, Elena Varela, e gozar dalgúns dos seus tratamentos.

Máis de dúas décadas avalan a experiencia de Elena Varela VRL Peluquerías no sector; o seu segredo, segundo confesa a fundadora, “é a dedicación constante a ofrecer a mellor calidade e servizo aos nosos clientes”. Dende a rúa Eijo Garay de Burela (número 15) e Fernando Macías da Coruña (número 8), o centro de beleza é sinónimo de garantía de calidade utilizando as últimas técnicas e tendencias e os mellores produtos do mercado, onde destaca especialmente o coidado e equilibrio da súa coloración, con máis do 90% de ingredientes naturais.

Sinte a experiencia Elena Varela VRL en perruquería, beleza e estética, accedendo ás súas atractivas promocións. Subscríbete en www.elenavarela.es ou través de Facebook e descubre xa os descontos en tratamentos para o mes de MARZO.

Exit mobile version