O partido comezou co control do xogo por parte das locais, que sen embargo non creaban perigo diante da portería defendida por Iria, e as xogadoras do Viveiro levaban moito perigo diante da portería local en rápidos contraataques que eran desbaratados polas boas intervencións da porteira local.
O 1-0 chegaba dun disparo lonxano que Iria non logrou deter, pero esto non fixo que as rapazas do Viveiro perderan a cara ao encontro e lograban empatar o partido por medio de Patricia, nunha rápida contra.
As locais voltáronse a adiantar no marcador aproveitando un fallo e marca das viveirenses, que de novo, a remolque no marcador, fixeron un esforzo e acadaron o empate por medio de Anna antes finalizar a primeira metade.
A segunda metade foi de acoso por parte do equipo local, que via como se lle esfumaban as opcións de seguir loitanto pola liga, o que o levou a adiantarse de novo no marcador, diante dun Viveiro encerrado atrais e que se vaciaba en defensa para frear as acometidas das locais.
Segundo pasaban os minutos o Viveiro foise asentando mais na pista e sacudeuse un pouco o dominio local e foi capaz de voltar a inquedar a portería local con rápidas contras, nunha das cales Anna, nunha gran xogada persoal, acadaba o empate a tres a falla de poucos minutos para o remate do encontro.
Ficha técnica
Fervenza: Sara, Andrea, Raquel, Raquel Rodriguez (1) e María. Tamén Xogaron: Candela, Natalia, Alba (1), Samai (1), Carla.
Viveiro: Iria, Anna (2), Rosanna, Nuria e Bea. Tamén Xogaron: Patricia (1), Ana, Mirian, Fatima e Nerea Abad.