Site icon Crónica3.com A Mariña

Estrea en Alfoz de ‘Nove estrelas e un sombro’

cine-alfoz1O sábado 29 de marzo celebrouse a terceira xornada do Festival de Cine de Alfoz coa proxección da nova película rodada no Val titulada “Nove estrelas e un sombro”. Protagonizada por Manuel Lourenzo, Cachín e nove rapazas do Val celebrou a súa estrea en Alfoz tras un intenso debate sobre o cine galego na actualidade e as súas implicacións artísticas e económicas, no que participaron Antonio Jesús Lorenzo “Cachín”, actor afeccionado da localidade; Matías Nicieza, cineasta e locutor en Radio Burela; Pepe Peinó, director do filme que se estreou; e, sobre todo, os dous actores profesionais Luís Iglesia (protagonista da serie da TVG “Matalobos”) e Xaquín Domínguez (protagonista da serie “Padre Casares”). O debate estivo moderado por Xabier Pardiñas, Presidente so Seminario de Estudos do Valadouro, asociación organizadora do Festival de Cine.

Exit mobile version