Site icon Crónica3.com A Mariña

Exhibición dos atletas veteráns do CD Egovarros-Viveiro no campionato galego de pista cuberta

egovarros-pistacubertaO domingo celebrouse na Coruña, o Campeonato Galego de Veteráns de Pista Cuberta, onde os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro deron unha exhibición do seu potencial acadando a cifra de 33 medallas, sendo 13 ouros, 13 pratas e 8 bronces.

Individualmente destacar a Francisca Romasanta, que batiu o record galego na categoría de W-65, nas probas de: 200m, 400m e 800 metros. O seu compañeiro José Rioseco, tamén batiu o record galego na categoría de M-70, nas probas de: 200m e 800 metros.

Outros medallistas foron no apartado femenino: Begoña de Arriba: ouro en 1500 metros e prata en 50 m e lanzamento de peso, na categoría de W-55; Manuela Guisasola en W-50 foi prata nos 200 metros e bronce en 400m e 800 metros; en W-40, Pamela Rodriguez , fíxose có ouro na proba dos 3000 metros.

No apartado masculino: Antonio Cabana en M-70, foi ouro en 400m e 1500 metros e prata en 800 metros; Antonio Hernández en M-65, ouro nos 3000 metros e prata nos 400m e nos 800 metros; Fernando Ramos en M-65 foi ouro nos 400m, prata nos 50m e bronce nos 200 metros; Salvador Patiño en M-60, foi ouro en lonxitude e prata en 400m e 800 metros; Eliseo López en M-60, ouro nos 3000 metros e bronce nos 800 metros; Francisco Barrientos en M-55, prata nos 50m e nos 200 metros e bronce nos 400 metros; Anxo Vigo en M-55 foi bronce en salto de lonxitude e en lanzamento de peso; Ricardo Álvarez M-45, prata nos 3000 metros; Andrés Piñón M-40, bronce nos 3000 metros.

A próxima proba que disputarán os atletas do CD. Egovarros-Viveiro será o Campeonato Galego de Cross de Veteráns, que se celebrará o próximo domingo na localidade de Ferrol.

Exit mobile version