Site icon Crónica3.com A Mariña

Gravación do proxecto de Nistra Batuko Exploration

Os burelaos Adrián Canoura e Anxo Rodríguez, compoñentes do colectivo Nistra Batuko Exploration, estaremos gravarán nunha das salas da Casa da Cultura ao grupo femenino Batuko Tabanka o sábado 8 de marzo. Será o primeiro paso dun proxecto no que trataránde mesturar a música de procedencia africana das Batuko, con electrónica de tradición europea, ademais da realización dun video promocional. “Trátase dun experimento sen ánimo de lucro que servirá de promoción ao grupo, nun contexto diferente ao que soe aparecer”, manifestaron recordando tamén que “contamos coa colaboración do Concello de Burela, que nos cede a estancia”.

Exit mobile version