Site icon Crónica3.com A Mariña

Independentes polo Val: “O único que fai Feijoo e Besteiro coas fusións é demagoxia”

Dende IpV intentarán de novo “impulsar a unión dos concellos de Alfoz e Valadouro, sen ben por parte da Xunta de Galicia e dos seus principais dirixentes, Nuñez Feijóo e Rueda non fixeron máis que demagoxía e mentir en reiteradas ocasións como se pode acreditar nos medios de comunicación, e nos feitos que amosaron, tamén o Presidente da Deputación Gómez Besteiro, aínda que con menos responsabilidade no tema, reduce as súas accións a mera demagoxia e ningún feito nin apoio”.

Debido a que dende as institucións se está facendo totalmente caso omiso a todo o proceso de fusión dos concellos do Val do Ouro, ademáis de numerosos incumprimentos todos os feitos da Xunta foron encamiñados a paralización do proceso de unión dos concellos, o seu presidente e vicepresidente, non fixeron máis que mentir e incumplir a lei.

O PP saltouse a legalidade según lle veu en gana, resulta que fusiona os concellos de Oza e Cesuras sin un acordo plenario con maioria de 2/3 da corporación, que é o mesmo acordo que se ten tomado meses antes no concello de O Valadouro e que a Xunta non deu como válido, “parece que para a Xunta as leis son válidas nuns concellos do país e noutros non, non temos as mesmas reglas de xogo para todos os cidadáns”.

“Dende IpV soliciaremos en última instancia e para agotar a vías oficias sendas entrevistas co presidente da Xunta de Galicia e co presidente da Diputación provincial de Lugo. En caso de non acceder teremos que optar por outras vías de presión para exercer os nosos dereitos”.

“Tanto PP como Psoe xogan cos veciños en función de intereses políticos en lugar de poñer por diante o futuro do Val do Ouro”.

“Imos agotar todas as vías, incluso se temos que recurrir a presión cidadá para loitar por que o Val do Ouro teña un bó futuro”

“Esperamos tamén que o novo alcalde no Valadouro facilite o impulso do proceso de unión de ambos concellos do Val xa que estando na oposión era favorable a mesma”.

“A unión dos concellos do Val do Ouro, foi o primeiro proceso que comezou en Galicia nas últimas décadas, paralizado claramente tan só por interés político”.

Os concellos de Alfoz e Valadouro xa os temos unidos a xente, so pedimos que os políticos cumpran o que para eles debería ser de responsabilidade.

Exit mobile version