Site icon Crónica3.com A Mariña

Intensa semana de competición para as xoias laranxas

As xoias laranxas continúan coa súa semana intensa de competición. Despois dos enfrontamentos en Liga Autonómica de Cadetes e Infantís nas pistas de Santiago Futsal e Troula FS, retoman actividade a Copa Nacional Xuvenil, Deporte Escolar e a Liga Prebenxamín da Mariña.

Os xuvenís desprazaranse o domingo a Vilalba; os prebenxamíns competirán na liga da Fundación Imdecum tamén nesta xornada con desprazamentos a Xove e Viveiro. O sábado pola mañá cobrará protagonismo Deporte Escolar con tres citas en Vista Alegre, de Benxamín, Alevín e Cadete A, mentres que o Cadete B xogará en Viveiro. Pola tarde, medirán as súas forzas Infantil B e Infantil C en amigable.

Seleccións galegas
Os combinados autonómicos cadete e infantil gozarán esta fin de semana de senllas concentracións no Carballiño, para as que foron convocados os cadetes Aarón Fernández e Mamadou Diouf, ademais do infantil Luismi Nieto.

Copa Nacional Xuvenil
Vilalba FS-Burela FS
Domingo 9 de marzo, ás 12.30 horas, no pavillón municipal de Vilalba

Liga Autonómica Cadete
Santiago Futsal 3-1 Burela FS (xornada 14)

Troula FS 1-3 Burela FS (xornada 21)

Liga Autonómica Infantil
Santiago Futsal 2-1 ED Burela FS (xornada 14)

Troula FS 2-0 ED Burela FS (xornada 21)

Deporte Escolar
Burela FS Cadete A-EDM Riotorto Cadete
Sábado 8 de marzo, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

CFS Cidade de Viveiro Cadete-Burela FS Cadete B
Sábado 8 de marzo, ás 12.00 horas, no pavillón Anxo Tarrío de Viveiro

ED Burela FS Alevín-Escolas Celeiro Xove FS B
Sábado 8 de marzo, ás 10.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

ED Burela FS Benxamín-AD Praia de Covas Benxamín
Sábado 8 de marzo, ás 11.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Prebenxamín da Mariña
CFS Cidade de Viveiro-ED Burela FS (Prebenxamín 1)
Domingo 9 de marzo, ás 17.00 horas, no pavillón municipal de Viveiro

ACD Xove-ED Burela FS (Prebenxamín 2)
Domingo 9 de marzo, ás 11.00 horas, no pavillón municipal de Xove

Amigables
ED Burela FS Infantil B-ED Burela FS Infantil C
Sábado 8 de marzo, ás 19.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela.

Exit mobile version