Site icon Crónica3.com A Mariña

José Manuel Balseiro será nomeado confrade de honra no IV Capítulo da Confraría del Ouriciu de Xixón

Santiago, 06 de marzo de 2014.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado autonómico Jose Manuel Balseiro será investido como Confrade de Honra da Confraría del Ouriciu da cidade asturiana de Xixón. O nomeamento terá lugar este sábado, 8 de marzo, durante a celebración do IV Capítulo desta confraría gastronómica.

A través desta distinción queren recoñecer o seu compromiso coa posta en valor dos produtos do Mar –de feito é o portavoz de pesca do Grupo Parlamentario Popular de Galicia- e, moi en particular, como un gran defensor de distintas iniciativas de impulso de cara a promoción do ourizo mariño desde o punto de vista do seu potencial gastronómico.

Balseiro Orol tamén é tenente de alcalde no concello lucense de Cervo, que cada ano impulsa, en colaboración cos hostaleiros locais, a Festa do Ourizo que, precisamente en 2014 celebra a súa XXIII edición e que está declarada como de interese turístico galego.

OS HOMENAXEADOS
Xunto a Balseiro Orol tamén serán recoñecidos como confrades de Honra o Movemento Slow Food de Álava e o Centro de Interpretación y Experimentación Pesquera de Castropol, respectivamente.

O acto de nomeamento terá lugar no salón de actos do antigo instituto xixonés e forma parte dun amplo programa de actividades no que participarán máis de 40 confrarías gastronómicas españolas, portuguesas e francesas.

PROGRAMA
10:30h- Recepción de confrarías. Almorzo en Bambara. (Marqués de San Esteban 9).

11:30h- Desfile cívico-festivo das confrarías. (Marqués de San Esteban, rúa Corrida, rúa Tomás Zarracina e praza do Parchís).

12:00h- No Salón de Actos do antigo Instituto, celebración dos actos oficiais. Intervención dos representantes da confraría anfitrioa e das autoridades.

– Nomeamento de novos Confrades de Número e Honra.
– Entrega de Premios do II Concurso de Cociña con Ouricios.
– Entrega da distinción a un Local de Hostelería polo seu labor na difusión da cultura do oriciu.
– Hermanamiento coa Cofradía do Chosco de Tineo.

13:00h- Desfile polo Paseo Marítimo desde a Praza do Instituto (Parchís) ata a Praza do Lavaderu (Tabacalera). Foto de familia..

14:30h- Comida de Hermandad no Restaurante Bellavista (Avda. José García Bernardo, 256).

Exit mobile version