Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio cento de laurentinos na neve

lourenza na neveEste mércores 5 de marzo 50 veciños do concello de Lourenzá viaxaron á estación de esquí de Fuentes de Invierno para disfrutar dunha xornada de neve e de esquí. A saída tivo lugar ás 7:00 horas dende Lourenzá chegando á estación arredor das 10:30. A partir das 11:30, e en grupos reducidos, os participantes nesta excursión recibiron clases de esquí durante 3 horas con monitores especializados. Logo de repoñer forzas ó mediodía, pola tarde puxeron en práctica os coñecementos adquiridos durante a xornada de mañá, para emprender o regreso ás 17:30 horas. Todos disfrutaron desta nova experiencia e xa pensan en repetir no sucesivo unha nova saída para disfrutar deste deporte. A viaxe estivo organizada polo Concello de Lourenzá coa colaboración das E.D. Lourenzá.

Exit mobile version