O Concello de Burela súmase ao loito oficial fixado polo Goberno de España para honrar ao ex presidente Adolfo Suárez González, falecido hoxe en Madrid. Desde o equipo de goberno burelés destacan a importancia que tivo a súa figura, “que fixo posible a transición do franquismo á democracia”. As bandeiras do Concello ondearán a media asta. Igualmente a Corporación Municipal de Burela gardará mañá, luns, ao inicio do pleno extraordinario que se celebrará ás 10 da mañá, un minuto de silencio na memoria de Adolfo Suárez.