Site icon Crónica3.com A Mariña

Najla Shami actuará na entrega de premios do XIII Certame de Poemas de Amor de Foz durante o Festival dos Namorados

Foz, 7 de marzo de 2014. Fallouse a XIII edición do certame de poemas de amor organizado pola biblioteca pública municipal de Foz e a entrega de premios realizarase no Festival dos Namorados que se celebrará o día 15 deste mes, sábado, na Casa da Cultura focense coa actuación de Najla Shami.

O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou que “o xurado reuniuse para seleccionar os gañadores do XIII Certame de Poemas de Amor. A participación foi de 52 e hai que salientar que se recibiron varios de fóra de Foz, concretamente de localidades como Lugo, Alfoz, Vilalba, Ribadeo, As Pontes, Cee ou Ferrol. Houbo maior participación de homes que de mulleres, o máis novo ten 7 anos de idade e o maior xa cumpriu os 80.

A biblioteca pública quere agradecer a todos a participación e síntese satisfeita de que un certame destas características interese a xente de todas as idades. Agradecer tamén aos patrocinadores, Restaurante Casa Damián e Viaxes Rodríguez, a súa colaboración cos premios que ofrecemos”.

Ánxel Paleo anunciou que “a entrega dos premios realizarase no Festival dos Namorados que se celebrará o sábado dia 15 de marzo ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz e que contará coa actuación dunha das mellores voces do panorama musical galego, Najla Shami, que nos presentará o disco A língua que eu falo, musicando poemas de Rosalía de Castro”.

Este é o listado dos premiados:

Categoría infantil:
1º Premio, lote de libros e agasallo
“Mi primer amor” – Miguel Iglesias Basteiro (Foz)

2º Premio, lote de libros e agasallo
“San Valentín” – Aralia Lomba Hermida (Foz)

Categoría Xuvenil:
1º premio, 50€ e cea
“Lume”- Marina Isabel Riesco Amurrio (Foz)

2º premio, 30€ e cea
“Cantoche isto porque o se…” Sara López Fernández (Foz)

Categoría de Adulto:
1º Premio, 100€ e noite de hotel para dúas persoas.
“Entre lecturas e choiva” – Lucía Barrera López (Foz)

2º Premio, 60€ e cea
“Lo que deseas” – SAMBAR-CIA Grupo do Centro Geriátrico San Bartolomeu de Xove

Accesit especial
“Xa non hai mais…” – Verónica Martínez Delgado (Ferrol)

Exit mobile version