Site icon Crónica3.com A Mariña

Narf Trío en Ribadeo

narfNARF TRÍO presenta este sábado 29 de marzo ás 20.30 horas no auditorio Hernán Naval dentro do ciclo das MÚSICAS POSÍBEIS de Ribadeo o seu último traballo, Nas tardes escuras. O grupo, que ofrece un directo fresco e contundente con L.A.R. Legido na batería e Alberte Rodríguez “Ho Chi Ming” no baixo, interpreta Rosalía desde a linguaxe electrificada do rock cunha visión contemporánea e enérxica dos textos da poetisa. A entrada xeral custa 5 € e a reducida para persoas desempregadas, estudantes ou xubiladas 3’5 €.

Exit mobile version