Site icon Crónica3.com A Mariña

O arranxo da pista de Tuimil contou con 41.784,53 euros de orzamento

ARARNXADA PISTA EN TUIMIL 2O alcalde Demetrio Salgueiro xunto co arquitecto técnico municipal Benigno Mon realizaron este luns unha visita a unha pista recentemente asfaltada en Tuimil, na parroquia de Xuances.

Esta pista, que dá acceso ao núcleo de Tuimil, mide 1.100 metros, os cales foron obxecto dunha profunda reforma, cuxas obras consistiron en:
-Limpeza de cunetas e eliminación de de produtos sobrantes.
-Limpeza enérgica a presión da superficie mediante auga a presión e cepillo de aramio.
– Recheo de baches e blandóns con pedra compactada e aplicación de triple riego asfáltico.

Esta obra entrou dentro do PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (P.O.S.) 2013 da Deputación de Lugo, a cal aportou a cantidade de 13.151,96 €uros (31,48 % do total) sobre un presuposto total 41.784,53 €, aportando o Concello de Xove os 28.632,57 €uros (68,52 % do total) restantes.

Exit mobile version