Site icon Crónica3.com A Mariña

O artista Queralt Blanch entrega ao Concello de Cervo unha obra sobre o ourizo

Cervo, 6 de marzo de 2014- O Concello de Cervo recibiu este mediodía da man do artista Queralt Blanch unha obra súa, inédita, sobre o ourizo. A peza, en relevo, a medio camiño entre a pintura e a escultura, e que utiliza a area como material principal, foi deseñada a propósito para ser doada á administración cervense. Nela, o pintor quixo facer unha homenaxe a este produto do mar coincidindo coa celebración, o día 15 de marzo, da XXIII Festa do Ourizo de San Ciprián. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Cultura, Begoña Alonso, estiveron presentes neste acto.

Queralt Blanch é un artista catalán que ten exposta a súa obra pictórica “El Quijote y los Derechos Humanos” nas Carboeiras de Sargadelos dende decembro de 2013. A súa estancia en Cervo levouno a implicarse activamente na vida social e cultural do municipio e, desta forma, decidiu inspirarse no ourizo para dedicarlle un cadro ao Concello de Cervo.

A edil de Cultura quixo agradecer publicamente “este enorme detalle” e asegurou que “es un orgullo poder contar con una obra de este artista, y más teniendo en cuenta que fue pensada y creada para el Concello”. Alonso deulle un grande valor ás moitas horas de traballo que Queralt lle dedicou á obra e anuncia que “lo exhibiremos en la Casa de la Cultura de San Ciprián para que nuestros vecinos y visitantes puedan contemplarlo”.

Da mesma maneira, a edil de Cultura quixo darlle as grazas pola labor que está desenvolvendo ao longo destes meses en Cervo, xa que ademais de expoñer a súa obra sobre o Quixote, está ofrecendo numerosas visitas guiadas aos máis novos a través dos centros escolares. Unhas visitas nas que divulga os valores que Miguel de Cervantes quixo transmitir a través do Quixote e que están representados na obra do pintor.

Exit mobile version