Site icon Crónica3.com A Mariña

O Barco Turístico Praia de Salías ofrece unha saída pola ría amparado polo ‘Ribadeo Catedral do Mar’

O equipo do proxecto “Ribadeo Catedral do Mar” alégrase de convidar a unha nova actividade á que nos invita un membro da Rede, neste caso, a empresa responsable do Barco Turístico Playa de Salías que nos propón unha saída para todos e todas as que formades parte desta Rede.

“O obxectivo da empresa coincide plenamente co que nos plantexábamos ao inicio do proxecto, que as empresas participantes vos coñezades entre vós e poidades así ofertar as diferentes, variadas e moi interesantes actividades coas que tendes a sorte de contar en Ribadeo”.

A saída será o vindeiro martes día 1 de abril ás 17:00h do Peirao de Porcillán no Porto Deportivo e terá unha duración de aproximadamente 45 minutos.

Para poder participar é preciso poñervos en contacto coa oficina de turismo en turismo@ribadeo.org ou no 982 128 689. Só hai 25 prazas que se atenderán por rigorosa orde de inscrición.

Máis actividades
“Ribadeo Catedral do Mar” contará con máis actividades despois de Semana Santa impulsadas por outras empresas.

Exit mobile version