Muras, 11 de marzo de 2014. O BNG solicita a inmediata dimisión do Alcalde de Muras e o cese en tódolos cargos da Dirección Provincial do Partido Popular ante o inminente inicio do xuízo pola trama das multas na cal se atopa imputado.
Os nacionalistas demandan unha vez máis do Partido Popular una actitude exemplarizante cun alcalde imputado en numerosas ocasións por distintas irregularidades, ora por delitos medio ambientais, ora por ilegalidades na retirada de multas de tráfico para o que se piden un ano e 3 meses de prisión e a inhabilitación para o exercizo de cargo público polo que lle reclaman á dirección provincial do PP en Lugo a dimisión do seu posto na alcaldía e o cese inmediato dos seus cargos na dirección provincial do partido onde exerce de vogal.
O BNG VEN DENUNCIANDO DENDE 2011 IRREGULARIDADES NA XESTIÓN DO ALCALDE DE MURAS
O BNG ven denunciando dende 2011, cando obtivo unha acta de representación na corporación municipal, as múltiples irregularidades ao noso parecer cometidas polo alcalde de Muras que fai uso da súa condición de Alcalde para actuar coma un ditador, convertendo o Concello de Muras na súa finca particular. Sen ir máis lonxe as actuacións do alcalde na Aldea Etnográfica que ao noso parecer deberan ser xulgadas ao obter beneficios persoais aproveitándose da súa condición de alcalde, as súas innumerables denuncias por atropelos e ataques sen consideración ao medio ambiente, o trato que lles dá aos veciños, véxase o uso arbitrario que fai dos Servizos Sociais, expulsando dunha vivenda de emerxencia social do Concello a un veciño, sen motivo, deixando durante varias semanas ao mes durmir ao raso nun caixeiro do Concello, son motivos máis que suficientes para que abandone os seus cargos.
Dende o BNG entenden que esta situación non se pode prorrogar nin un minuto máis, lembran asemade que o pasado 3 de decembro puxeron en coñecemento público as “súas sospeitas” pola lentitude e falta de tramitación de determinados expedientes por denuncias contra o alcalde en actuacións contra a normativa medio ambiental.
RECLAMAN AO PARTIDO POPULAR UNHA ACTUACIÓN EXEMPLARIZANTE CUN ALCALDE AO QUE LLE RECLAMAN UN ANO E MEDIO DE CÁRECER E A SÚA INHABILITACIÓN.
O BNG de Muras reclámalle ao Partido Popular provincial a inmediata dimisión de Issam Alnagm como alcalde de Muras e a súa destitución do cargo que ostenta como vogal na dirección provincial do partido. “Non é de recibo que unha persoa como esta, imputada polo caso da TRAMA DE RETIRADA DAS MULTAS, se manteña un día mais nos seus postos de representación”, facéndolle un fraco favor ao Concello, ao mantelo día si, día tamén nos titulares da prensa polas súas continúas imputacións e pasos polo xulgado.