Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS B da a sorpresa na casa do Coruxo e continúa a escalada

O Burela FS Pescados Rubén B deu a sorpresa o sábado pasado na pista do segundo clasificado, Concello de Vigo IES Coruxo, impoñéndose por 2-4 e continuando o camiño cara aos postos altos de Terceira División.

Os pupilos de Lucas, que viaxaron con numerosas ausencias, ofreceron un excelente comezo no que conseguiron unha vantaxe no electrónico de 0-3, xa no minuto 11, con dobre diana no 4, de Bruno e Alemán, adornada coa terceira de Pancho. Non obstante, a retirada de Bruno, por lesión nun pé, provocou o afundimento da defensa laranxa, que non puido frear a verticalidade local, encaixando o 2-3 antes do descanso, con Alfonso (minuto 12) e Álex (minuto 19) como autores.

No transcurso do segundo período, aos burelistas tocoulles sufrir, con tan só un cambio de pista, pero lograron conter a presión dos vigueses e pechar o resultado cun novo tanto de Pancho, no 33.

O vindeiro sábado, Vista Alegre acollerá derbi comarcal coa visita do Pizzería A Fuga SD Xove FS (17.00 horas).

Ficha técnica
Concello de Vigo IES Coruxo: Daniel, Bruno, Jonathan, Mario e Andrés, no cinco inicial; tamén xogaron Álex, Alfonso e Álvarez

Burela FS Pescados Rubén B: Brais, Alemán, Keko, Bruno e Antón González, no cinco inicial; tamén xogaron Pancho, Aitor e Javi

Goles: 0-1, minuto 4, Bruno; 0-2, minuto 4, Alemán; 0-3, minuto 11, Pancho; 1-3, minuto 12, Alfonso; 2-3, minuto 19, Álex; 2-4, minuto 33, Pancho

Árbitros: Andrés García Freiría // Álvaro García Freiría (Vigo)

Tarxetas: Por Coruxo amarelas a Alexis e Mario. Por Burela FS, amarelas a Aitor, Pancho e Alemán.

FOTO: A Caixa Escura Producións

Exit mobile version