Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS, mellor equipo feminino nos Premios Deporte Galego 2013

A traxectoria do Burela FS Pescados Rubén de Primeira División RFEF continúa recollendo recoñecementos despois dunha tempada gravada con letras de ouro na historia do fútbol sala. O equipo laranxa, campión da liga 2013-14 e da Copa de España 2014, será o destinatario do galardón de Mellor Equipo Feminino, segundo decidiu o xurado dos Premios do Deporte Galego 2013, que preside o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.

A devandita distinción será entregrada o xoves 20 de mazro, ás 19.00 horas, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, nunha gala presidida polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

*Foto: A Caixa Escura Producións.

Exit mobile version