Site icon Crónica3.com A Mariña

O Casco Histórico de Viveiro celebra o terceiro concurso de tapas entre o 4 e o 6 de abril

Do 4 ó 6 de abril o Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro celebra o seu III Concurso de Tapas. Cada local, dos 10 participantes, presenta unha tapa a concurso, que será elaborada con ingredientes de libre elección e cun prezo de venda ó público de tan só un euro.

O funcionamento do concurso será moi sinxelo. Os propios clientes votarán pola súa tapa favorita. Un xurado especializado votará pola tapa máis orixinal e a mellor presentación. O xurado está formado por dous expertos en gastronomía e por un representante do Concello de Viveiro, o concelleiro de comercio.

Para poder votar cada cliente ten á súa disposición en calquera dos locais participantes Tarxetas de Votación, onde se recollen todos os locais que participan co nome da súa tapa, así como un rueiro ubicando cada local. Cada vez que un cliente deguste unha tapa, o local deberá selarle a casiña correspondente na súa tarxeta de votación; pero só poderá votar cando se probaran un mínimo de 6 tapas. Os votos poderanse depositar nas urnas habilitadas a tal efecto en calquera dos locais participantes ata o domingo 6 ás 22.00 horas. A tarxeta gañadora opta ó premio de 150 euros en vales de compra para canxear en calquera dos 120 establecementos asociados ó Casco Histórico. No caso de que a tarxeta agraciada completara todas as casiñas, o premio será de 300 euros.

O cliente agraciado, así coma o local gañador da mellor tapa, o de mellor presentación e o da tapa máis orixinal e creativa, daranse a coñecer o luns 7 de abril. Tamén se publicará na web www.viveirocentro.com, nas redes sociais (Facebook, Twitter e Tuenti) así como a través dos medios de comunicación.

Os locales participantes son:

– Restaurante O Muro: Piruletas
– Bar Castilla: Especialidad del Castilla.
– Mesón A Baiuca: Tallarines con Sabor a Mar.
– Mesón A Placiña: Raviolis de grelos con lacón.
– Bar Cantábrico: El Príncipe del Cantábrico
– Bar La Plata: Pío – Pío.
– Bar Normando: A Cara o Cruz.
– Restaurante Casa Pepi: Rollito de Presa Ibérica.
– Mesón Imperial: Domíname.
– Mesón O Recuncho: Piquillo con fruto de Mar.

Exit mobile version