Site icon Crónica3.com A Mariña

O CEIP Virxe do Carme visita as fontes de Burela

burela-fontesEste venres os alumnos de 5º de Primaria do CEIP Virxe do Carme estiveron de excursión por Burela acompañados polos seus mestres e polas monitoras de Gaia. Esta vez visitaron as distintas fontes e lavadoiros da localidade. O pasado 22 de marzo foi o día mundial da auga “e aproveitamos esta ocasión para que os rapaces se decaten de que a auga é necesaria para a vida e para que saia polas billas dos nosos fogares antes ten que facer un longo percorrido. Intentamos sensibilizalos para que realicen un uso sostible da mesma”, explicaron as monitoras de Gaia, do Concello de Burela.

Exit mobile version